O cribado masivo no Vicedo deixa 14 novos positivos trala realización de 612 PCR

O concello conta 35 casos novos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada da Covid-19 por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes

Proba PCR. EFE/ENRIC FONTCUBERTA

O cribado masivo a asintomáticos realizado o pasado domingo no Vicedo documentou 14 novos positivos de coronavirus, segundo concretaron este martes fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

De acordo coas mesmas fontes, efectuáronse no cribado do Vicedo un total de 612 probas, das que 14 -o 2,3%- foron positivas. Estaba orientado principalmente ás persoas que traballan de cara ao público e teñen por iso unha maior exposición á Covid-19, pero finalmente participou boa parte da veciñanza do municipio, con arredor de 1.800 habitantes.

O Vicedo conta 35 casos novos nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada da Covid-19 por riba dos 250 contaxios por 100.000 habitantes.

O Sergas precisou tamén que das 599 mostras PCR en saliva analizadas en Vilalba, principalmente a unha poboación de idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos, resultaron cinco positivos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here